miércoles, 10 de febrero de 2010

Ven, que imos observá-la lúa.

¿Sabes?
Mandei todos os meus sonos a voar cas estrelas, a xirar ao redor da terra cuns cometas que vin dende o meu telescopio, a fundirse cando no futuro se aproximen ao Sol.
Agora, estou débil.
Quén sabe por qué.. iso de non ter cousas nas cales sonar é algo estrano ao que non estou acostumada.. Algunhas veces séntome preto da herba que crece na beira do río pola noite, a obvservá-la lúa e o seu respendlor, a súa luz que ilumina o camiño que vai lonxe, que perece non ter fin.
Estou aló, lonxe, preto da auga bañada ca luz prateada da antes nomeada, pensando en si algún día gozarei da compañía de alguén que comprenda isto que estou a sentir, unha incomprensión total que ten a miña alma por dentro e que como caia na agua afundirá, como unha rocha.
A herba está mollada, últimamente non fai máis que chover. Oh.. caéume unha gota no naríz, e outra na clavícula dereita..comezan a caer máis apresa, ¡Estoume mollando! vou arrefriar, pero non importa, podo sentílo, podo sentíla, é a liberdade.

2 comentarios: